PASEANDO POLA MIÑA TERRA "Onde os trasgos e as meigas mergúllanse entre a xente, esa é a miña terra", díxolle Xoel a Xiana nunha noite de luar onde a maxia podíase palpar no ambiente. "Bah, tolerias", contestou Xiana. "Todo eso son trapalladas, non existen....." "Ah, non?", replicou Xoel. "Deixame que te conte a historia dun home que era coma tí e que púxose a pasear por Galicia, sen presa, falando coas xentes, facendo fotos, respirando o cheirume da terra mollada entre árbores en Cecebre..., queres que cha conte?" "Veña, vai, non teño máis que facer", Xiana seguía terca na súa incredulidade. Xoel aclarou a súa garganta, deulle un grolo á súa bebida e así empezou a contar a historia. Ese home do que estou a falar chamábase Paco. Andaba de taberna en taberna bebendo chatos e lamentándose da sua sorte na vida Un día apareceu na taberna un home que non vira nunca. Tiña as botas máis raras que vira na súa vida e as súas orellas eran puntiagudas, a xogo coa punteira das súas botas.