Authors

Latest text of pad TSSQQOWcM3
Saved Nov 16, 2019
 
PASEANDO POLA MIÑA TERRA
 
"Onde os trasgos e as meigas mergúllanse entre a xente, esa é a miña terra", díxolle Xoel a Xiana nunha noite de luar onde a maxia podíase palpar no ambiente.
"Bah, tolerias", contestou Xiana. "Todo eso son trapalladas, non existen....."
"Ah, non?", replicou Xoel. "Deixame que te conte a historia dun home que era coma tí e que púxose a pasear por Galicia, sen presa, falando coas xentes, facendo fotos, respirando o cheirume da terra mollada entre árbores en Cecebre..., queres que cha conte?"
"Veña, vai, non teño máis que facer", Xiana seguía terca na súa incredulidade.
Xoel aclarou a súa garganta, deulle un grolo á súa bebida e así empezou a contar a historia.
 
Ese home do que estou a falar chamábase Paco. Andaba de taberna en taberna bebendo chatos e lamentándose da sua sorte na vida
Un día apareceu na taberna un home que non vira nunca. Tiña as botas máis raras que vira na súa vida e as súas orellas eran puntiagudas, a xogo coa punteira das súas botas.